DIA 30 DE JUNHO
LOCAL SEDE 18H - SEI - Sistemas de Estudos Independentes22H - APRESENTAÇÃO FEIRA IMAXINARIA
Cooperativa/Rede de colectivos de Cultura Libre, Cultura Dixital da GZ e Norte de Portugal
Imaxinaria é unha Cooperativa/Rede de colectivos de Cultura Libre, Cultura Dixital da GZ e Norte de Portugal que traballa baixo os principios da ética hacker e dos comúns. As áreas de investigación e desenvolvemento de Imaxinaria está focado en ferramentas específicas que faciliten a libre circulación e interacción das culturas: 1. Rede Imaxinaria: Espazo dixital para o desenvolvemento colaborativo de proxectos e promoción das relacións sociais entre iguais. 2. Feira Imaxinaria: Evento de promoción, agregación, mostra e debate sobre diferentes areas de coñecemento, políticas sociais do común e activismo. 3. Sistema de Estudos Independentes: Desenvolvemento dunha universidade libre que facilite o acceso certificado a estudos e coñecemento, dende a interacción de espazos físicos ou através de espazos dixitais. Imaxinaria tamén é co-responsable dun server onde investigar e implementar ferramentas dixitais específicas, ou facilitar espazo online a colectivos éticamente afíns.